Diego Soto novo coordinador da base
En sustitución de Fernando Currás, que pasa a ser o adestrador do primeiro equipo
U.D. Ourense
O ex xogador ourensanista faise cargo da coordinación da nosa canteira en sustitución de Fernando Currás, que pasa a ser o adestrador do primeiro equipo.
Diego Soto foi un dos valentes que se puxo ás ordes de Antonio Dacosta no verán de 2014 no novo proxecto da Unión Deportiva Ourense. Con el no equipo acadáronse tres ascensos, unha Copa Deputación B, dous títulos de liga e a Supercopa de 3ª Autonómica.
Esta tempada as lesións apenas lle permitiron xogar e en marzo decidiu deixar o equipo e colgar as botas. Xogador moi comprometido co club agora será o encargado de coordinar a base, un dos piares sobre os que se asenta a Unión Deportiva Ourense.
Será o cuarto coordinador tras Peluso, Ramón Dacosta e Fernando Currás.