Vispo e Baltar Deputacion BarbadásEs noticia Futbol 

Deputación e Concello cofinanciarán o campo de fútbol en Barbadás

A Deputación de Ourense cofinanciará o campo de fútbol en Barbadás

A Deputación de Ourense cofinanciará o campo de fútbol en Barbadás. Así se comprometeu O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, ante Chelo Vispo, deputada provincial de Infraestruturas e concelleira no municipio de Barbadás, na xuntanza que mantiveron hoxe no Pazo Provincial. Na reunión acordaron que a Deputación de Ourense cofinanciará co concello os custes da remodelación é posta a punto do campo de fútbol de Barbadás.

Será no vindeiro mes de febreiro cando se asine o convenio correspondente, onde figurará a cantidade que aportará o goberno provincial, vía modificación de crédito, que se aprobará no mes de abril. O obxectivo é comezar a tempada 2018-2019, no mes de setembro, xa co novo céspede.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario