Constancia para acabar un partido moi perigoso
Publicado por: S.D. Valenzá
S.D. VALENZÁ 1
PIÑEIRA SECA F.C. 0
Primeira xornada da segunda volta do campionato ligueiro e, tamén, primeira do ano 2017 nos Carrís. Con unha frouxa entrada nas bancadas a pesares de enfrontarnos a un dos conxuntos chamados a estar inmerso na loita polo ascenso ó final da tempada. Ámbalas escuadras formaron no medio campo con camisetas en apoio o noso capitán Roberto Carlos que se atopa pendente dunha intervención cirúrxica por mor dunha lesión sufrida no campo do CD Maceda.
Saúdo inicial cas dúas escuadras con camisetas de apio a Roberto Carlos. |
Arbitraba a contenda o colexiado ourensan Borja Medina Gavilán, que practicou unha arbitraxe heroica sen axudantes nas liñas e con moita personalidade. Foi protestado nalgunhas xugadas puntuais e na sinalización do penalti que, á posta, foi o precursor do gol do trunfo local. Sinalou oito cartóns amarelos repartidos para os locais Fran, Jota, Viola e Oli e para os visitantes Zurdo, Jose Angel e Manu xunto co adestrador Quico Bolaño
Os equipos formaron do seguinte modo:
PIÑEIRA SECA F.C.
Rubén, Eduardo, Mara, Zurdo, Julian Javi, Jose Angel, Ricki, Manu, Jhonni e Benito |
SUBSTITUCIÓNS:
min. 57.- Adrián e Santi entran por Zurdo e Ricki respectivamente.
min. 75.- Xosé substitue a Jose Angel.
min. 80.- Miguel entra por Eduardo.
min. 86.- Alberto substitue a Rubén.
S.D. VALENZÁ:
Rua, Viola, Guille, Trigo, Meixe, Borja Fran, Victor, Carlos, Jota e Prado |
SUBSTITUCIÓNS:
min. 57.- Oli substitue a Andres.
min. 70.- Fernando entra por Fran.
min. 84.- Manu substitue a Victor.
min. 88.- Rubén entra por Carlos.
GOLES:
1-0.- min. 82. Balón en curto sobre Oli que controla e despois de fistar a dous xogadores visitantes é derrubado no área baixo a visión directa do árbitro que sinalou penalti inapelable. O propio Oli coborou o gol o axustar por baixo e cara o pau dereito da porta de Julián.
A CRÓNICA:
Sempre da un pouco de temor e desconfianza a situación anímica e deportiva dos xogadores despois de mais de quince días sen competir. No caso dos nosos Verdes, fixeron moi ben os deberes. Disciplinados, con unha boa contención os desbordes de Ricki e Jose Angel ou as aperturas de Manu e Eduardo e con unha creación moi potente con Jota, Viola e Victor creando para Fran e Carlos, que en desmarques destacados tiveron ata cinco ocasións moi craras para afondar o partido cara a goleada. Nos visitantes, dúas ocasións moi claras, por un despiste defensivo e por a molestia do sol invernal fronte ó noso porteiro Borja, unha solventouse con un saque de esquina por desvio da defensa e outra recibiu cumprida resposta do mesmo Borja sobrepoñéndose ó despiste.
Destaque dun balón en ataque verde |
Dende o minuto 25 en adiante somentes houbo un equipo sobre o sintético: os Verdes fixeron auténtica trigonometría futbolística superando, unha e outra vez, en todalas facetas os amarelos da Limia. Unhas veces as asombrosas cualidades de Julián e, noutras, a mala sorte impediron facer traballar o electrónico dos Carrís.
Segunda mitade do mesmo cariz, con contínuos desbordes dos locatarios e algunha que outra contragolpe protagonizado por Adrián e Santi, que foron os mais incisivos cara a causar problemas a Borja. Non eramos capaces de marcar, ainda que se incidía cos trocos en causar maior e mais desgaste metendo a Oliver e Fernando para recuperar, nun caso, e resolver no outro os problemas cara ó gol que estaban a ter os Verdes.
Dúas xogadas mais poideron aumentar a ventaxa no marcador pero, pese ó desconto aplicado polo trencilla, non houbo mais movimentos deica ó final.
Falta sobre a meta local |
Semana que ven, toca un dos desprazamentos mais longos, ó corazón da Baixa Limia para medirnos nun encontro dificil, a priori, a UD Lobios que fixo un bo partido nesta semana e acadou os tres puntos en xogo.
Enlace con la noticia original: CONSTANCIA PARA ACABAR UN PARTIDO MOI PERIGOSO