campo de futbol de vilar de astresActividades Destacado Es noticia Futbol 

Concello e Federación sitúan en marzo o remate da mellora integral do campo de fútbol de Vilar de Astrés

Antes da recepción da obra, un laboratorio externo probará que as condicións do terreo de xogo cumpren os máximos requirimentos de homologación marcados pola FIFA.

  • Instalarase céspede artificial, acondicionaranse os vestiarios e construirase unha grada cuberta de catro andares.
  • O orzamento, de 455.463,36 euros, está integramente financiado polo Consello Municipal de Deportes.

O concelleiro de Deportes, Mario Guede, acompañado do presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, supervisou esta mañá as obras do campo de fútbol de Vilar de Astrés, que consisten na instalación de céspede artificial, acondicionamento de vestiarios e construción dunha grada cuberta de catro andares, ademais da humanización da parcela onde se empraza o campo.

campo de futbol de vilar de astres

As obras están financiadas integramente con orzamentos do Consello Municipal de Deportes por un importe de 455.463,36 euros, cunha garantía do equipamento de catro anos. Actualmente evolucionan a bo ritmo grazas ás condicións meteorolóxicas favorables, e prevese que rematen no mes de marzo, en opinión dos técnicos encargados das mesmas: Miguel Porras, director de obra, e Martín Rejo, xefe de obra da adxudicataria, Extraco.

Antes da recepción da obra, un laboratorio externo probará que as condicións do terreo de xogo cumpren os máximos requirimentos de homologación marcados pola FIFA.

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: