Complicada saída a Allariz

Publicado por: U.D. Ourense

A Unión Deportiva Ourense afronta unha difícil saída ao campo do Seixo para enfrontarse ao Club Deportivo Allariz.

Os alaricanos tan só perderon un partido no seu campo. Foi ante o Ribeiro (1-3) na xornada 16, en plena xeira negativa de resultados para os verdinegros. Enlazan sete xornadas consecutivas sen gañar, a súa última vitoria foi o 6 de novembro (xornada 11) cando gañaron en Xinzo ao Antela por 1-2. A última vitoria no Seixo foi na xornada 8 ante o Francelos por 2-1.

Tras un gran arranque ligueiro, lembrar que foron quen de gañar no Couto na segunda xornada de liga por 1-2, único equipo que o logrou esta tempada, estanse a desinchar, ocupando actualmente o sexto posto da clasificación con 26 puntos.

A pesares desta focha de resultados, no seu campo son un equipo difícil de superar, como xa dixemos tan só o Ribeiro foi quen de facelo, como pode testemuñar o Bande que logrou empatar nos minutos finais do encontro.

Como está a acontecer nas últimas xornadas acudimos a este partido cheos de baixas. Lucas Sierra, Xurxo, Senén e Omar non estarán por lesión, mentras que Sergio non viaxa por estar suspendido por acumulación de cartóns amarelos. Afortunadamente recuperamos a Adrián e Diego Soto que entran na convocatoria. Para completala Antonio Dacosta ten que botar man dos xuvenís Juan e Diego Pousa.

O once inicial máis probable que salta ao Seixo será o formado por Samuel na porta; Otero e Marcos Sotelo nos laterais con Tito Currás e Julio Martínez no centro da defensa; Aitor e Toni no medio do campo; Xaco e Cristian Dacosta nas bandas con Rubén Durán na media punta e Hugo como home máis adiantado. Estarán no banco Juan como porteiro suplente, Diego Pousa, Diego Soto, Unai e Adrián.

Foto: Iñaki Osorio (Faro de Vigo)

La entrada Complicada saída a Allariz aparece primero en Unión Deportiva Ourense.

Enlace con la noticia original: Complicada saída a Allariz

Noticias relacionadas