CD Velle y Waterpolo Pabellón colaborarán en la divulgación de su actividad deportiva
Na xornada de hoxe tivo lugar a firma dun “Convenio de Colaboración” entre as Escolas de Fútbol de CD Velle e a Club Waterpolo Pabellón Ourense. Ambas institucións comparten nos seus obxetivos o fomento do deporte, sempre dentro de valores como son o traballo en equipo, a solidaridade ou o respeto o rival.
O CD Velle foi fundado en 1976 e dende hai mais de 40 anos ven traballando na formación do fútbol base de imnumerables xogadores e xogadoras. Na actualidade Velle dispón na súa Escola de mais de 250 rapaces e rapazas, distribuídos en 13 equipos de todas as categorías da base, dende prebenxamín a xuveníl. Tendo semanalmente mais de 50 horas de actividade deportiva no campo de Monte da Aira.
O Club Waterpolo Pabellón Ourense disputa o campionato galego nas categorías masculina e femenina.
O obxetivo do convenio firmado é divulgación da actividade deportiva de ambas escolas. Favorecendo CD Velle os xogadores e xogadoras que actualmente ten na escola a posibilidade de entrar en contacto con outra disciplina deportiva na que o sacrificio e o traballo en equipo, valores que fomentamos, teñen unha gran importancia.