Futbol 

S.D. Valenzá: C.D. Rante San Cibrao 0 – S.D. Valenzá 1

Publicado por: S.D. Valenzá

C.D. RANTE SAN CIBRAO  0  – S.D. VALENZÁ 1

Tarde soleada e seca a que nos agardaba no Campo do Parque Tecnolóxico para dirimir a hexemonía deste grupo IX da Segunda Galega entre os dous equipos igualados na testa da clasificatoria e a falla de cinco xornadas para o remate da carreira da regularidade. Moi bo ambiente nos arredores dun campo sen bancadas e que flaco favor fai ó fútbol cando, o mesmo concello, posúe a menos de 500 metros, unhas extraordinarias instalacións con céspede sintético e que, incomprensiblemente, non utiliza o C.D. Rante. Sexa por desinterese dos munícipes, sexa por desacordos cos clubes do concello, a FGF debería mediar para evitar multitude de lesións así como para millorar o fútbol que se practique na provincia.

Saúdo inicial dos dous equipos

 

Maduro e Viola con Jiménez Alberte

Arbitraba a contenda o colexiado Jiménez Alberte, da Delegación Ourensá; moi idóneo para, dentro da heroicidade desta categoría, manter a raia os desmans de ámbalas escuadras e impartir a suficiente xustiza deportiva que requería un partido destas características. Sinalou cartóns amarelos para os locais Manín e Raul e para os visitantes Victor, Meixeira, Viola e Brayan.

De inicio formarónse os seguintes onces:

C.D. RANTE

Manin, Pereira, Atanes, Puga, Cheri, Pichi
Toni, Porsche, Gallego, Ribao e Maduro
SUBSTITUCIÓNS:
  • min. 46: Raul entra por Maduro.
  • min. 57: Popi entra por Porsche.
  • min. 69: Assanne entra por Toni.
  • min. 85: Richi entra por Pichi.

S.D. VALENZÁ

Borja, Victor, Ruanova, Trigo, Adrián, Guille
Meixeira, Viola, Jota, Brayan e Oliver
SUBSTITUCIÓNS:
  • min. 74: Fran substitúe a Adrián Blanco.
  • min. 87: Carlos substitúe a Oliver.
  • min. 89: Javi substitúe a Brayan.

 

GOLES: 0 – 1. min 26: Xogada dende o mediocampo visitante con balón interior para Oliver que se pranta só diante de Manín que o derruba. O penalti correspondente, é cobrado por Oliver para batelo a esquerda do porteiro.

A CRÓNICA:

Brayan e Victor levaron o peso do mediocampo

Xa o deciamos na editorial de onte: Transcendencia a xusta, somentes eran tres puntos

con 18 por diante para xogar ou manter o nivel. E o nivel demostrouse con creces: maior posesión de balón durante todo o encontro; maior presenza en ataque tanto en ocasións como arriscando en número de efectivos; maior intensidade no medio do campo e maior concentración defensiva que en outras ocasións o que evitou reiteradamente o achegamento de perigo á meta de Borja que tamén estivo resolutivo no pouco traballo que tivo (3 tiros entre os tres paus nos 90 minutos de xogo).

Houbo nervos, houbo tensións (moi ben xestionadas, a maioría, polos propios xogadores) e cicais, o que faltou foi maior nivel de xogo. Vento constante enfrontado a unha das porteirías e o sol mancando de fronte a cadanseu equipo en cada unha das partes da contenda (Penoso ver a monte dous campos asentados Norde/Sur e ter que xogar nun Leste/Oeste mancando permanentemente as retinas dos xogadores).
Guille moi seguro pola banda esquerda

Foi un encontro de un enorme pundonor, malinterpretado por algún dos actuantes que era xaleado polos vociferantes do público (ainda quedan) que desexan ver fluir o sangue na vez de ver xogadas e técnicas deportivas. Afortunadamente, no caso dos protagonistas, prevaleceu o elemento deportivo en troques ó racial destacando o enorme choque do porteiro local Manin que tivo que ser atendido no recuncho e voltando ó campo con unha evidente coxeira e, ainda así, evitando dous man a man contra xogadores Verdes.

A vindeira semana, recibiremos os compoñentes da SCD Paderne quen, virán con todo o afán de recuperar posicionamento na clasificatoria  para entrar na liguilla que dirimirá o segundo ascenso deste Grupo. Será nos Carrís e xa con horarios de verán.

Enlace con la noticia original: AS COUSIÑAS POLO QUE VALEN

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: