UDOurense femenino 2017 Foto Nacho RegoDestacado Es noticia Futbol 

As baixas frean a U.D. Ourense ante o R.C. Deportivo

As lesións e as baixas privaron as nosas de arrincar o 2018 cun mellor resultado.

U.D. Ourense 1-3 RC Deportivo “B”

Crónica: U.D. Ourense

A U.D. Ourense cae derrotada na casa fronte o Deportivo “B”, nun partido no que plantaron cara a un dos rivais a batir da liga e no que deron a cara, dispondo de ocasións para sacar algo máis positivo. As lesións e as baixas condicionaron o choque.

A mala fortuna segue cebándose co conxunto que adestra Rubén García. As xogadoras vermellas seguen sumando lesionadas e baixas e so dispuxeron de 13 futbolistas para comezar o partido, despois de que Pacy e Emma foran baixa de última hora por enfermidade, sumándose deste xeito a Jani. Pese a todo, as xogadoras deron a cara e fixeron un gran encontro, plantando cara o rival e a superandoas en varios momentos do encontro.

O partido arrincou cun tanto das herculinas, que se adiantaron no marcador por mediación de Michelle, que aproveitou un rexeite tras un erro da zaga a hora de marcar e defender un lanzamento de falta. O tanto supuxo un xarro de agua fría para o equipo, pero non se amilanaros as nosas, que se foron o ataque en busca do empate.

As vermellas disporían de ata 5 ocasións para acadar o empate antes do descanso, pero a boa labor da meta rival impediu as vermellas ver porta nos primeiros 45 minutos. Moi activas Cris e Laura, que ante a baixa de Emma guiaron o equipo nas tarefas ofensivas. As visitantes non estiveron atinadas e deixaron facer as locais, namentras que intentaban inquedar a Noe en algunha contra, pero a cancerbeira estivo moi acertada, impedindo máis tantos das coruñesas.

Tralo polo paso por vestiarios chegou o tanto das ourensás, que igualaron a contenda por mediación de Zaira, que aproveitaba un pase de Aida, tras un roubo de coiro de Dana para igualar a contenda. O gol foi o premio a constancia dun equipo que anteriormente xa había avisado por mediación de Nerea.

Co empate, chegaron as malas novas para o Ourense, que perdía a Zaira por lesión e minutos despois a Dana, quedando sen cambios no banquillo. Noe desbarataba unha nova oportunidade das herculinas, que coa frescura das recén incorporadas, daba un paso adiante na procura do tanto da vitoria.

Co partido encarando a recta final e as nosas desfondadas polo gran partido físico feito, chegou o tanto de Lidia, que puña por diante as visitantes. Cun tanto abaixo, as nosas dispuxeron de unha nova oportunidade para voltar a igualar o partido, pero topáronse con Jessica, que voltaba desbaratar a oportunidade de gol das locais.

Coas vermellas volcadas, chegou o tanto da sentencia de Vero, que deixaba o 1-3 definitivo no marcador. Gran partido das nosas rapazas ante un rival da parte alta e o que lle plantaron cara. As lesións e as baixas privaron as nosas de arrincar o 2018 cun mellor resultado. Agora a pensar no Sárdoma “B”, que visita Ourense a vindeira semana.

UDOurense femenino 2017 Foto Nacho Rego

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario