Ana Toubes do Pabellon CF convocada coa Selección Española Sub16
A Selección Española Sub16 convoca á xogadora do Pabellón e da Selección Galega.
Ana participará nunha concentración do 7 ó 9 deste mes en Las Rozas.
A xogadora da Selección Galega e do Pabellón Ourense Ana Toubes recibiu un regalo de Reis adiantado que seguro non olvidará xamais. Ana acaba de ser convocada pola Selección Española Sub16 para participar nunha concentración que se vai a desenvolver os días 7, 8 e 9 deste mes en Las Rozas, baixo as ordes da seleccionadora campiona do mundo Sub17 Toña Is.

Está claro que os responsables técnicos da RFEF que asistiron en directo ós partidos da primeira fase do Campionato de España celebrada en Santiago tomaron boa nota da gran actuación de Ana Toubes, que estrea convocatoria nacional.
A RFGF felicita a Ana e ó seu club, o Pabellón, así como ó corpo técnico da Selección Galega Sub15.