Vila de astresEs noticia Futbol Gimnasia 

Adjudicadas las obras de mejora del campo de Vilar de Astrés y polideportivo del Campo da Feira

Obras de mellora do campo de fútbol de Vilar de Astrés e do polideportivo do Campo da Feira

  • A cidade incorporará así un novo campo de céspede artificial de última xeración, que compre cos máximos requirimentos de homologación que marca a FIFA.
  • Unha nova cuberta con paneis de alta capacidade illante garantirá a temperatura idónea no interior do pavillón deportivo.
  • Os proxectos suman un investimento de máis de medio millón de euros.

O Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes adxudicou na súa sesión de onte dous importantes proxectos de remodelación e mellora de infraestruturas deportivas, que suporán un investimento de máis de medio millón de euros. Trátase, por unha banda, das obras de execución de bancadas, vestiarios e céspede sintético no campo de fútbol de Vilar de Astrés, e as da substitución da cuberta do polideportivo municipal do Campo da Feira. Ambas adxudicacións foron apoiadas por unanimidade de todos os concelleiros que constitúen o Consello Reitor, e resolven os procedementos iniciados o 29 de agosto.

As obras do “Campo de fútbol de céspede artificial, acondicionamento de vestiarios, e construción de bancadas en Vilar de Astrés” serán executadas pola empresa Extraco Construcións e Proxectos, S.A, á que se lle adxudicaron por un importe de 455.463,36€, cunha garantía do equipamento de catro anos.

Esta demandada obra abrangue a instalación de céspede artificial no campo de fútbol e humanización da parcela. Previa recepción da obra, un laboratorio externo probará que as condicións do terreo de xogo cumpren os máximos requirimentos de homologación marcados pola FIFA.

Xunto a este terreo de xogo de última xeración e a humanización de toda a parcela, efectuarase un grada cuberta nunha das bandas de catro andares e acondicionaranse novos vestiarios, que permitirán o uso cotiá e de competición destes espazos.

O potencial de uso destas instalacións é enorme dada a proximidade ao núcleo da cidade, xunto coa presenza de liñas de transporte urbano, polo que se agarda que sexa un revulsivo deste núcleo rural.

En canto á obra no polideportivo do Campo da Feira, adxudicóuselle á empresa Sergonsa Servicios S.L. por un importe de 91.394,93€. Esta obra consiste na substitución da cuberta actual do polideportivo de chapa duns 2 milímetros -co que seu poder illante é nulo- por paneis estilo “sandwich”, de 5 centímetros de grosor, con alta capacidade illante que permita manter máis estable a temperatura interior do pavillón tanto en inverno coma no verán.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.