Futgal OurenseEs noticia Futbol 

A Xunta Directiva da Federación Galega de Fútbol reuniuse por primeira vez na sede de Ourense

  • A reunión serviu para inaugurar oficialmente a renovación da delegación ourensá da RFGF que agora conta con dous locais nos baixos do Estadio de O Couto

A sede da Real Federación Galega de Fútbol en Ourense viviu este luns un día histórico coa celebración da primeira xunta directiva na cidade das Burgas. O presidente, Rafael Louzán, quixo convocar esta reunión en Ourense aproveitando a remodelación da sede da delegación de Ourense que agora conta cun novo espazo, ubicado no mesmo lugar, nos baixos do estadio de O Couto. As oficinas administrativas quedan agora ubicadas no antigo local da delegación da desaparecida federación de fútbol sala, un espazo novo que se suma ao xa existente que agora destínase a sala de xuntas, almacén e conta cun despacho polivalente.

En definitiva, a delegación de Ourense que dirixe Raúl Rois conta agora con preto de 100 metros cadrados que cobren perfectamente as necesidades federativas da provincia.

Futgal Ourense
Foto: Futgal.es

Na reunión tratáronse diversos asuntos de actualidade do fútbol galego e comezou cun minuto de silencio en memoria de todas as vítimas da violencia de xénero.

Noticias relacionadas