A ourensá Zulema González primeira galega que acada a internacionalidade FIFA
Zulema convértese na primeira árbitro galega feminina internacional
A árbitra ourensana recibirá a escarapela nunha gala que se celebrará no Comité Técnico de Árbitros da RFEF o vindeiro día 18.
O departamento de Arbitraxe da FIFA comunicou a selección de árbitros FIFA a partir do 1 de xaneiro de 2019. A esta lista incorporouse a árbitra galega Zulema González González, que milita, por segunda tempada, na 1ª División Nacional Feminina ou Liga Iberdrola e que, ademais, participou no curso CORE ‘Centro Of Refereeing Excellence’, organizado pola UEFA durante o 2018.
A súa escarapela seralle entregada polo CTA da RFEF nunha gala o próximo 18 de decembro nas Rozas.
Zulema convértese na primeira árbitro galega feminina internacional, sumando un novo fito para a arbitraxe galega, seguindo deste xeito os pasos da que fora tamén árbitra asistente internacional Yolanda Parga Rodríguez.
noticia: futgal.es