UDOurense Foto Nacho RegoDestacado Es noticia Futbol 

A Federación Galega de Fútbol premia aos siareiros da U.D. Ourense como “Mellor afección”

A afección da UD Ourense premiada coa mención especial da Federación Galega de Fútbol a “Mellor afección”.

Os siareiros vermellos recibirán o premio o próximo venres, 29 de xuño a partir das 20:00 horas na Gala do Fútbol Galego 2018.

A afección do Ourense premiada pola FUTGAL

Noticia: U.D. Ourense

Os éxitos proseguen para a familia ourensanista. Tras acadar o título de Liga e ansiado ascenso a Terceira División e trala conquista posterior do título de Copa Deputación, un novo recoñecemento recae no ourensanismo. A Federación Galega concederá a afección da UD Ourense a mención especial a “Mellor afección” na Gala do Fútbol Galego, que organiza a federación o próximo venres, 29 de xuño, no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, a partir das 20:00 horas.

 UDOurense Bande 1 Foto David Martinez

A Federación convidou os siareiros da UD Ourense e a súa directiva a acudir o 29 de xuño a Santiago, para recoller este galardón. Unha distinción otorgada por unanimidade pola Xunta Directiva da Real Federación Galega de Fútbol. A fidelidade ao club, o elevado número de siareiros e o comportamento deportivo, son os méritos nos que a FUTGAL se basa para outorgar esta mención. A afección ourensá fíxose notar o longo de todo ano en todas as gradas da Preferente e da Copa Deputación, onde sempre foron maioría, primando a deportividade e xestos coma o do encontro de Atios, cando os noso siareiros remataron a berros de “Atios, Atios”, dirixíndose cara a bancada local, que agradeceu o xesto.

A disposición de todos aqueles que o desexen, estarán dous autobuses, que sairán do estadio de O Couto o venres 29 as 18:30 horas e que regreserán trala celebración da Gala o mesmo lugar. Os que desexen acudir, deberán pasar polas oficinas de O Couto para reservar a súa praza.

UDOurense Foto Nacho Rego

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.