futbol femenino promesasDestacado Es noticia Futbol 

A EFF Rosalía protagonista na novidosa Liga Galega Feminina Promesas para fútbol base feminino

Liga Galega Feminina Promesas

O sábado 27 de outubro de 2018 pasará á historia do fútbol feminino galego. En este día deu comezo a primeira competición de fútbol base en Galicia exclusivamente feminina: a Liga Galega Feminina Promesas. Unha competición para nenas prebenxamíns, benxamíns e alevíns.

Arrancou a primeira xornada do Grupo Sur (o norte comezará o 10 de novembro) con tres partidos e unha enorme ilusión de nenas que por fin poden desfrutar dunha competición para elas.

En Ourense xogaron o EFF Rosalía A contra o Umia e o EFF Rosalía B contra o Sporting San Mateo.

O propio presidente en funcións da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, quixo asistir ó primeiro partido, o disputado entre o Valladares e o Mos, nunha mostra máis da decidida aposta da Federación polo fútbol feminino.

Recordar que en esta primeira edición son 14 os equipos inscritos, 6 no Grupo Norte e 8 no Sur.

futbol femenino promesas

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.