Pabellón Xuvenil “A” 1 – Deportivo 4

Os deportivistas, que foron un gran rival, marcaron nas dúas primeiras ocasións despois de que o Pabellón tivese catro claras para adiantarse.

Pabellon-juvenil-deportivo-2014 (Foto: Nacho Rego)

Aínda que o Deportivo demostrou os motivos que o teñen líder do grupo, o Pabellón non tivo unha pizca de fortuna na primeira media hora de xogo nas que tivo catro clarísimas ocasións para aidantarse no marcador. Dous disparos de Brais sairon rozando o pao da meta de Anxo, un remate coa testa de Jorge petou no lateral da rede e Pablo precipitouse no disparo nunha acción na que encaraba a portería rival. No medio de todo iso o dianteiro local Adrián tivo que sair do campo lesionado no minuto catro e iso obrigou ao corpo técnico a mover pezas

(Foto: Nacho Rego)

O compañeiros de Adrián preocupados ante a tempraneira lesión do pabellonista (Foto: Nacho Rego)

Para colmo de males o primeiro disparo dos herculinos á meta local foi ben desviada por Rubén e o conseguinte saque dende o curruncho rematouno Nico para situar o 0-1. Foi un pao xa que os branquiverdes estaban aguantando ben o maioritario dominio deportivista. As cousas non quedaron ahí xa que poucos minutos máis tarde, segundo disparo á portería dos visitantes e 0-2. Foi unha vantaxe insalvable durante o resto de partido pese a que na segunda metade as forzas igualáronse algo máis. Xa na recta final do partido chegaría o terceiros dos coruñeses, Gorka fixo o tanto dos locatarios e no desconto o Deportivo pechaba o marcador co definitivo 1-4. Antes o local Julio era expulsado polo colexiado.

Despois desta derrota o Pabellón ocupa posto de descenso nunha apretadísima clasificaciòn dende o sétimo ata o posto catorce da táboa. Na próxima xornada os pabellonistas repiten nos Remedios recibindo o domingo (12 horas) ao Atlético Perines. A cita é moi importante para os branquiverdes.

PABELLÓN (1): Rubén, Otero, Julio, Germán, Gonzalo, Jorge (Gorka, m.57), Juan, Torres (Novelle, m.46), Pablo, Brais e Adrián (Siño, m.4) (Nespereira, m.66).

DEPORTIVO (4): Anxo, Blas, Pereira (Miguel, m.81), Hugo, Pablo, Leira (Pedro, m.81), Óscar, Real, Roi (Álvaro, m.67), Rama (Moure, m.67) e Nico.

ÁRBITRO: Saúl López Parga (Monforte de Lemos). Amonestou a Juan nos locatarios e Óscar nos visitantes. Tamén expulsou a Julio (m.88) nos pabellonistas con cartón vermello directo.

GOLES: 0-1, m.30: Nico. 0-2, m.40: Rama. 0-3, m.80: Blas. 1-3, m.85: Gorka. 1-4, m.90: Óscar.

INCIDENCIAS: Xornada 12ª da División de Honra Xuvenil. Campo Miguel Ángel-Os Remedios de Ourense.

Pabelloncf.com

 

Relacionado con: : , ,