Deputacion Provincial de OurenseEs noticia Futbol 

A Deputación de Ourense saca a licitación as obras no campo de fútbol de Barbadás

A Deputación de Ourense saca a licitación as obras no campo de fútbol de Barbadás

A Deputación de Ourense vén de publicar hoxe no seu portal web de contratación o procedemento aberto para a licitación das obras no campo de fútbol de Barbadás, que consistirán na substitución do céspede sintético en ditas instalacións. “A apertura deste procedemento destaca a cooperación e a aposta da institución provincial, que achega 200.000 euros para a realización deste proxecto a prol da mellora das instalacións deportivas de Barbadás”, afirma o deputado provincial de Cooperación, Pablo Pérez, quen subliña que esta obra “era unha das demandas máis solicitadas pola veciñanza deste concello”, lembrando que a Unión Deportiva Barbadás “é unha das escolas de fútbol máis numerosas da provincia, a que máis rapaces move na provincia de Ourense, e que conta tamén con varios equipos nas categorías Sénior”.

Pablo Pérez expresa que a cooperación da Deputación de Ourense coa veciñanza e cos concellos “é un dos eixes máis importantes da política da institución provincial, porque o obxectivo é achegar solucións e mellorar os servizos que se prestan á cidadanía”. A Deputación de Ourense achega para esta obra un total de 200.000 euros máis o proxecto, mentres que o concello aporta 100.000 euros.

Noticias relacionadas