UDOurense Bande 1 Foto David MartinezDestacado Es noticia Futbol 

A Comisión Galega de Control da Violencia eleva á Comisión Estatal Contra a Violencia (CSD) os feitos acontecidos o domingo no estadio do Couto

  • O secretario xeral para o Deporte, en calidade de presidente da Comisión, aseverou que “a Xunta de Galicia estará sempre atenta a calquera incidente no que se produzan situacións violentas para actuar en consecuencia ou colaborar para que ningún destes casos quede impune”​

A Comisión Galega de Control da Violencia foi convocada este venres de urxencia ante a presunta agresión do presidente da Unión Deportiva Ourense, José Ramón Dacosta González, a dous profesionais da información no túnel de vestiarios do estadio do Couto (Ourense) tras o remate do partido entre a Unión Deportiva Ourense e a Unión Deportiva Somozas correspondente á xornada 14 do Grupo I da Terceira División Nacional. Nesta reunión, a Comisión Galega acordou formular á Comisión Estatal contra a violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia no Deporte, dependente do Consejo Superior de Deportes, a petición razoada de inicio, se procede, de procedemento sancionador polos devanditos feitos.

Nas súas verbas, o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, en calidade de presidente da Comisión, aseverou que “a Xunta de Galicia estará sempre atenta a calquera incidente no que se produzan situacións violentas para actuar en consecuencia ou colaborar para que ningún destes casos quede impune”. “A nosa condena é total a calquera tipo de violencia”, enfatizou.

Deste xeito, dentro das competencias da Comisión Galega de Control da Violencia e ao abeiro da letra b) do artigo 3.1 do Decreto 63/2018 do 31 de maio polo que se regula a composición e funcionamento da propia Comisión, o órgano autonómico pode “formular peticións razoadas de incoación de expedientes sancionadores en materia de violencia (…) ás autoridades públicas competentes para tal incoación”.

Cómpre salientar que a Comisión Galega de Control da Violencia dá cobertura e resposta as denuncias que se producen no contexto da práctica de competicións oficiais deportivas de ámbito autonómico, provincial, zonal ou local, toda vez que a Comisión Estatal contra a violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia no Deporte dá cobertura ás competicións oficiais deportivas de ámbito estatal, como é o caso da Terceira División Nacional.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.