Torneo Prebenjamin Pabellon Foto David MartinezDestacado Es noticia Futbol 

Los prebenjamines del Pabellón CF se imponen en el 27º Torneo Nadal

27º Torneo Nadal Prebenxamín-SUZUKI

  • O Pabellón CF proclamouse campión do 27º Torneo Nadal Prebenxamín-SUZUKI a costa de vencer (4-0) na cita final á EDC Xinzo de Limia.

Doce equipos participaron no torneo para un total de vinte e oito partidos ao logo de todo o sábado. Houbo moita igualdade no evento e cinco partidos tiveron que decidirse na quenda de penaltis.

Torneo Prebenjamin Pabellon Foto David Martinez
Foto David Martinez

Texto: Pabellón CF / Fotos: David Martinez/OurenseDeportivo

Os pabellonistas, que pasaron con sufrimento á final, superaron con claridade no partido decisivo á EDC Xinzo de Limia na final nun choque que dominou de principio a fin. Xián (2), Sergio e Álvaro anotaron os goles branquiverdes.

Torneo Prebenjamin Pabellon Foto David Martinez
Foto David Martinez

Nas semifinais os pabellonistas eliminaran nos penaltis á UD Ourense despois de empatar no tempo regulamentario (2-2) e a EDC Xinzo fixo o mesmo coa ED Ourense (1-1). Os dous partidos estiveron cheos de emoción. Na consolación que xogaron UD Ourense e ED Ourense a vitoria foi para os unionistas (3-0).

Torneo Prebenjamin Pabellon Foto David Martinez
Foto David Martinez

A quinta praza foi para o Pabellón Promesas despois de superar á EF Lalín (2-0) que acabaría na sexta praza. Os do Deza leváronse o premio á Deportividade e Xián Lorenzo (Pabellón CF) o de Mellor Xogador. A nota negativa deuna a EDC Verín, que non se presentou ao partido da tarde para decidir os dos últimos postos contra o CDC Santa Teresita.

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: