Futbol Sala Sub-19 masculinaEs noticia Futbol Sala 

Galicia participará nos oito Campionatos de España de fútbol sala

A Real Federación Galega de Fútbol impulsará ós combinados autonómicos de todas as categorías

Campionatos de España de fútbol sala

A chegada do fútbol sala á Real Federación Galega de Fútbol trae consigo un enorme impulso para as seleccións galegas, que esta tempada participarán en todos os Campionatos de España de Seleccións Autonómicas de Fútbol Sala.

A RFGF traslada así a súa decidida aposta pola base ao futsal, poñendo en marcha combinados galegos nas oito categorías nas que se organizan torneos nacionais.

Á espera de coñecer os rivais e sedes das diferentes categorías, sabemos polo de agora as datas de celebración dos Campionatos de España, para os que os nosos técnicos e directivos traballan xa co obxectivo e a ilusión de que os nosos equipos fagan un gran papel e mesmo poidan traer a Galicia algún título.

 

CALENDARIO CAMPIONATOS DE ESPAÑA
DE SELECCIÓNS AUTONÓMICAS DE FÚTBOL SALA
CATEGORÍA DATA
SUB-21 FEMININO Fase Previa Fase Final
27-01-2018 24-02-2018
SUB-19 MASCULINO Fase Previa Fase Final
13-01-2018 14-04-2018
SUB-17 FEMININO Fase Previa
10-02-2018
SUB-16 MASCULINO Fase Previa Fase Final
16-12-2017 10-03-2018
INFANTIL FEMININO Fase Única
26-05-2018
INFANTIL MASCULINO Fase Única
12-05-2018
ALEVÍN MIXTO Fase Única
28-04-2018
BENXAMÍN MIXTO Fase Única
24-03-2018

Noticia: RFGF

Noticias relacionadas