Antia Selecion Galega - Foto futgal.esDestacado Es noticia Futbol Sala 

Galcia xógase o pase a final fronte a Cataluña coa presenza de catro ourensáns

O combinado galego Sub21 de futsal incorporou a Antía, Nerea e Inés do Ourense Envialia e Clara do Cidade de As Burgas

A selección galega xógase este sábado (12:00h) en Salou o pase á final do Campionato de España Sub21 feminino de fútbol sala

Campionato de España Sub21 feminino de fútbol sala

Crónica: futgal.es

A Selección Galega quere recuperar o trono nacional da categoría Sub21 feminina de fútbol sala na Fase Final que se disputa esta fin de semana en Salou (Tarragona). Para elo o combinado galego que dirixe Pili Costa debe gañarlle na semifinal a Cataluña (sábado ás 12:00 horas).

O reto antóxase complicado, tanto polo potencial das catalanas como polo feito de ser as anfitrioas do campionato. Pero a nosa seleccionadora é optimista e confía na clasificación.

“O equipo está moi motivado e responsabilizado, co nerviosismo normal das horas previas a unha competición deste nivel, pero con moitas ganas de facelo ben e de conseguir a clasificación”, remarca unha Pili Costa que recoñece a esixencia do adversario. “Teñen un equipo moi bo, cunha adestradora fantástica, pero nós imos a intentalo. Sabemos que temos que xogar con intensidade e facer o noso xogo e si estamos ben no apartado psicolóxico teremos opcións de gañar”. Precisamente destaca a importancia do aspecto mental para un torneo no que non tes marxe de erro. “A viaxe foi longa pero estivo ben, puidemos descansar e incluso adestrar un pouco. Agora o que temos que facer é sair no partido a desfrutar e a xogar como sabemos. Estou convencida de que estamos capacitadas para gañar, pero sendo conscientes de que vai a ser moi difícil”.

Todas as xogadoras están en perfectas condicións para a semifinal.

CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB-21 FUTSAL FEMININO | FASE FINAL
PAVILLÓN MUNICIPAL DE DEPORTES DE SALOU | 24 e 25 de febreiro de 2018
XORNADA DÍA HORA PARTIDO
1ª SEMIFINAL SÁBADO 24 10:00 ANDALUCÍA – REXIÓN DE MURCIA
2ª SEMIFINAL SÁBADO 24 12:00 CATALUÑA – GALICIA
FINAL DOMINGO 25 11:00 GAÑADOR S1 – GAÑADOR S2

Esta é a lista de doce xogadoras convocadas por Pili Costa para a fase final:

DORSAL NOME E APELIDOS DATA NACEMENTO CLUB
1 SANDRA RODRÍGUEZ GONZÁLEZ 26/06/1998 VIAXES AMARELLE F.S.
13 INÉS CASASNOVAS CARBALLO 26/01/1999 OURENSE ENVIALIA F.S.F.
2 CLARA FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ 07/07/2000 CIDADE DE AS BURGAS F.S.F.
3 INÉS SUÁREZ MOUZO 12/12/1997 VIAXES AMARELLE F.S.F.
4 YOLANDA MARTÍNEZ OTERO 24/07/2000 POIO PESCAMAR F.S.F.
5 NEREA LORENZO GONZÁLEZ 17/04/1999 OURENSE ENVIALIA F.S.F.
6 CAROLINA AGULLA FERNÁNDEZ 14/09/2000 POIO PESCAMAR F.S.F.
7 JUDITH PEREIRA ARIAS 02/11/1998 BURELA PESCADOS RUBÉN F.S.
8 MARÍA GÓMEZ RODRÍGUEZ 08/01/1997 VIAXES AMARELLE F.S.F.
9 MARÍA GONZÁLEZ LORENZO 18/05/1999 BEMBRIVE F.S.
10 ANTÍA PÉREZ GARCÍA 21/06/2000 OURENSE ENVIALIA F.S.F.
11 MARTA LÓPEZ-PARDO GONZÁLEZ TEJERO 19/03/2001 VIAXES AMARELLE F.S.F.
CORPO TÉCNICO
SELECCIONADORA MARÍA DEL PILAR COSTA RODRÍGUEZ
DELEGADA ENÁTALI FERNÁNDEZ GUERRA
FISIOTERAPEUTA LUCÍA NIETO PÉREZ
SCOUTING MARÍA VIEIRA RIVERA
XEFE DE EXPEDICIÓN FRANCISCO TOBA SUÁREZ

Noticias relacionadas