Es noticia Futbol Sala 

El fútbol sala escolar celebra su Campeonato Provincial en Os Remedios

Campionato Provincial Escolar
Categorías: Benxamín, Alevín , Infantil e Cadete de Fútbol sala

Pavillón Os Remedios (Ourense)

PARTICIPANTES

Equipos campións nas Fases Zonais de cada unha das agrupacións.

CATEGORÍAS

  • Benxamín mixto (2009-2008)
  • Alevín masculino (2007-2006)
  • Infantil masculino e masculino (2005-2004)
  • Cadete masculino (2003-2002)

HORARIO

  • 09:30 – Inicio dos partidos
  • 14:00– Fin da competición e entrega de trofeos.

BASES DE COMPETICIÓN

1. Regulamento de Xogo: A competición estará rexida polas regras oficiais de xogo, da presente tempada 2017/18, da Federación Galega de fútbol.

2. Duración dos partidos:

  • Benxamín masculino, infantil masculino e cadete masculino: Dous tempos de 20 minutos, cun descanso de 5 minutos.
    • Nota: Empates e modo de resolverse: Os empates o final do partido se resolverán polos lanzamentos dende o punto de penalti (3), segundo o previsto regulamentariamente.
  • Alevín masculino : Dous tempos de 15 minutos, cun descanso de 5 minutos.
    • Nota: O final de cada partido Alevín os equipos tirarán unha tanda de 3 penaltis para resolver os posibles empates.

3. Poderase pedir 1 tempo morto por cada período, dunha duración de 1 minuto, agás nos derradeiros 5 minutos de cada parte.

4. Cada equipo estará composto por un máximo de doce (12) xogadores, adestrador, auxiliar e delegado.

5. Faltas e incorrecións: Non se considera falta o deslizamento, considerase falta cando haxa contacto co adversario.

6. Todos os equipos presentarán na mesa dos anotadores, dez (10) minutos antes de cada partido, os Documentos Nacionais de Identidade (D.N.I.) ou carné xogade, xunto co parte de XOGADE

Noticias relacionadas