Vanessa SoteloActividades Destacado Es noticia Futbol Sala 

A internacional ourensá Vanessa Sotelo visitou o Pazo Provincial

A internacional ourensá Vanessa Sotelo visitou o Pazo Provincial

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe, no Pazo Provincial, a Vanessa Sotelo, recentemente campioa de Europa a nivel de seleccións en fútbol sala e mellor xogadora do torneo, a quen felicitou “polo seu traballo que xa deu os seus froitos e por presumir con orgullo da súa provincia”.

Vanessa Sotelo

Manuel Baltar dixo que a deportista ourensá Vanessa Sotelo é “sen dúbida, unha das deportistas máis importantes de Ourense que conta cun magnífico presente e cun porvir importante” e engadiu que aínda que actualmente milita no equipo Alcorcón, “non renuncia ás súas orixes”. Vanessa Sotelo, quen visitou o Pazo Provincial acompañada polo seu pai, asinou o libro de honra da provincia de Ourense, convidada polo presidente da Deputación de Ourense.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.