Auriense FGEs noticia Futbol gaélico 

Un empate e unha derrota balance dos partidos entre Auriense FG e Herdeiras de Lalín

Emocionantes e intensos partidos entre Auriense e Herdeiras no Campus Universitario

Na tarde do domingo, baixo unha chuvia intensa, disputouse no Campus Universitario unha nova Xornada da Liga galega de Fútbol gaélico, desta volta o Auriense Campus da Auga (único representante ourensán da competición) recibía no masculino e feminino ao Herdeiras de Dhais, de Lalín.

Partido masculino

No primeiro encontro, os equipos masculinos xogaron un partido moi igualado, tendo en conta ademais que ambos se disputaban o 4º posto da clasificación, que da opcións á loita polo título na segunda volta. Sen apenas diferenzas no marcador, ainda que co equipo local levando a iniciativa en case todas as fases do partido, chegouse á última xogada que, cun tiro a paus de Herdeiros, fixo que o partido se empatara, co conseguinte reparto de puntos: Masculino 4-5 (17) vs 0-17 (17) .

Partido feminino

En canto ao feminino, ainda máis emocionante e espectacular choque de ambos equipos. Cuns último 5 minutos no que déronse ata catro alternativas no marcador e onde, finalmente e cun gol pola escadra na derradeira xogada, a victoria caeu por só un tanto para Herdeiras: Feminino 4-15 (27) vs 5-13 (28) .

Pese a derrota, as ourensás reivindican o seu bo xogo e, festexan o debut de ata 2 xogadoras novas, que impulsa o proxecto do Auriense, tendo ao redor de 40 persoas practicando o deporte na cidade.

Chega o parón de competición, pero non de adestramentos, que se realizarán no Campus e de xeito aberto, para que todas aquelas persoas interesadas podan acudir a probar o deporte.

Noticias relacionadas