Futbol Gaelico AurienseDestacado Es noticia Futbol gaélico 

Participación Auriense FG en el Torneo Internacional de futbol gaélico feminino

Torneo Internacional de futbol gaélico feminino

O pasado sábado, no Campo Municipal de As Cancelas, en Santiago de Compostela, disputouse un Torneo Internacional de futbol gaélico feminino, coa participación do Auriense FG.

Durante toda a xornada, o conxunto ourensá tivo a oportunidade de xogar contra as campionas de Liga (Fillas de Breogán de A Coruña), as campionas de Copa (Estrela Vermella de Santiago de Compostela) e as campionas europeas Belgium Legends.

Futbol Gaelico Auriense

Unha oportunidade para que as novas incorporacións se rodaran no xogo, e para poñerse a punto para a nova tempada. Ainda que derrota nos tres encontros, a experiencia certifica o bo momento que de novo está a vivir o fútbol gaélico na nosa comunidade, cun Torneo de altísimo nivel fóra de Irlanda, a cuna do fútbol gaélico.

Finalmente, victoria das Belgium Legends, nunha xornada con moitísima expectación e siareiras nas gradas do Campo de As Cancelas.

O Auriense retoma hoxe os adestramentos, co inicio tamén da única escola universitaria de Galicia.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.