Es noticia Futbol gaélico 

O Auriense FG masculino proclámouse campión da Copa SHIELD A Coruña 2108

Xornada apaixoante a vivida nas instalacións de A Torre, na cidade de a Coruña durante todo o sábado 26.

Torneo Ibérico

Por un lado, celebrábase o Torneo Ibérico, competindo os mellores equipos da península entre si e onde, finalmente, na categoría masculina HARPS de Madrid e Fillas de Breogán de A Coruña, alzáronse cos respectivos campionatos.

O auriense feminino, clasificado para este Torneo, caeu na primeira ronda e pasou a disputar a Copa SHIELD, para caer finalmente derrotada contra as HARPES de Madrid.

Copa Shield

A alegría chegou coa victoria do Auriense masculino que, sen perder ningún dos seus partidos do grupo de clasificación, apenas pasou apuros en semifinais contra Cambados.

Na final, Herdeiros de Dhais de Lalín, cuartos clasificados do campionato liguero, non puideron frear o ataque ourensán e, cun 12-8 final, o equipo do Auriense conseguía a súa primeira copa oficial.

Unha gran xornada de convivencia entre máis de 300 xogadores e xogadoras de fútbol gaélico chegados de toda a xeografía española.

Noticias relacionadas