Auriense FG FemeninoDestacado Es noticia Futbol gaélico 

O Auriense F.G. estará nas semifinais da Copa Galega feminina

O Auriense F.G. feminino a semifinais de Copa

O equipo feminino do Auriense, colleitou unha importante victoria no campo de Ártabras de A Coruña, certificando o seu pase a semifinais da Copa Galega, que se disputará en Lalín a fin de semana do 12 de Maio, e no que as rapazas ourensáns veranse as caras co equipo local.

Auriense FG Femenino

Nun partido dominado dende o comezo, o Auriense repúxose á derrota de hai unha semana, e rompeu o marcador a base de tantos, sen que o equipo local puidese frenar ás dianteiras ourensás.
Ártabras 4-3 (15) – Auriense FG 9-8 (35)

O Club felicita ao conxunto feminino, e valora esta tempada que remata como unha das mellores a nivel deportivo na breve historia do equipo, crecendo e asentándose coma un dos clubs con maior participación de xogadores e xogadoras de Galicia.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario