Destacado Es noticia Futbol gaélico 

O Auriense FG debuta no Torneo Ibérico de fútbol gaélico

O sábado 26 na Coruña

Torneo Ibérico de Fútbol Gaélico

Este vindeiro sábado 26 de Maio, e durante todo o día en A Coruña, nos campos municipais de A Torre, o equipo feminino do Auriense disputa por primeira vez na súa historia o Torneo ibérico.

Encadradas no grupo A, coas actuais campionas as Fillas de Breogán e as Barcelona GAELS, as ourensás aspiran a colarse en semifinais se logran vencer un dos partidos que teñen na xornada matutina.

Por parte do cadro masculino, o equipo tamén se despraza ás mesmas instalacións para disputar a Shield masculina, quedando encadrado no grupo B con Herdeiros de Dhais, Keltoi e Gaélicos do Gran Sol de Barcelona.

Unha xornada apaixoante de Gaélico que pecha a tempada 2017-18, e na que o deporte sigue medrando e asentándose na nosa cidade.

Noticias relacionadas