Auriense FGDestacado Es noticia Futbol gaélico 

Golpe de autoridade do Auriense Campus da Auga no campo do Dorna

Golpe de autoridade do Auriense Campus da Auga FG

Dorna 3-15 (24) Auriense 8-11 (35)

Intenso e frenético choque do equipo ourensán contra o Dorna FG da Illa de Arousa o sábado pola tarde, que se saldou cunha victoria visitante, que os afianza na cuarta posición e acredita a excelente tempada que están a realizar os rapaces do Auriense.

Nun encontro moi vistoso para o público que se achegou ata o Campo da Bouza, as diferencias no marcador visitantes foron constantes, cun arranque extraordinario e gran acerto de cara os tres paus.
Un recital ofensivo da dianteira, apoiado pola terceira e cuarta liña, que desarbolaron en todo momento á dura defensa do Dorna.

Con dous partidos por xogar (Pontevedra e Estrela Gaels), dependen de si mesmos para quedar entre os 4 primeiros e loitar polo título, un obxectivo moi ambicioso no cuarto ano de competición do único equipo ourensán de fútbol gaélico.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.