Galicia e Francia deixan unha espectacular xornada de Futbol Gaélico en Ourense
Empate entre as seleccións femininas y triunfo contundente do combinado francés masculino
Éxito rotundo o encontro disputado polas seleccións galega e francesa no Campo de Fútbol da Universidade o pasado sábado 18 de marzo.
Os partidos, que foron os primeiros da historia televisados en directo fóra de Irlanda (a través da TVG2), trouxo a curiosos e siareiros do deporte de toda Galicia.
Cun tempo excepcional para a práctica deportiva, os encontros non defraudaron grazas o altísimo nivel de ambas seleccións.
Futbol Gaélico Feminino
O partido das chicas foi sen dúbida, un dos encontros máis emocionantes vividos nesta tempada. Cun empate final, as nosas rapazas tiveron a victoria ao seu alcance a falta de 2 minutos, onde dominaban o marcador por 5 tantos de diferencia.
Ao final, un 28-28 que entusiasmou á grada e deixou un gran sabor de boca na grada.
Ollo o primeiro punto da @selegalega de gaélico ante Francia (0-1/2-0) https://t.co/m07mRPC5h6 pic.twitter.com/2QysT96Bq7
— TVG (@TVGalicia) 18 de marzo de 2017
Futbol Gaélico Masculino
O partido dos rapaces deixou claro que estábamos ante, sen dúbida, a segunda mellor selección do mundo de fútbol gaélico. Os franceses, marcaron un ritmo trepidante dende o comezo, cun despliegue físico que non puido conter o combinado galego. O resultado, 17-50, deixa clara a superioridade do conxunto visitante.
O Auriense F.G. retoma a competición
Trala «resaca» do partido Internacional, os equipos da cidade regresan á competición. Por un lado, o equipo feminino desprázase a Coruña, para xogar contra Átabras, nun partido en teoría asequible, como marca a clasificación actual.
O equipo masculino, afronta un encontro crucial nas sñuas aspiracións de cara ao ascenso. Visitan na xornada do sábado ao Mecos en O Grove, onde se disputan o liderezgo. Na ida, o resultado foi favorable ao Auriense, ainda que nun partido igualado e con alternativas no marcador.