Futbol gaélico 

O feminino do Auriense Futbol Gaélico non suma fronte Irmandinhas

Dolorosa derrota do Auriense Feminino fronte o Irmandinhas: 2-11 (17) / 1-07 (10)

Irmandinhas 2-11 (17) / 1-07 (10) Auriense F.G. Feminino

Non puido ser e as ourensanas perderon un encontro moi igualado contra un rival directo como é o Irmandinhas de A Estrada.

O acerto do Auriense cara a portería contraria estivo limitado pola boa defensa das xogadoras irmandinhas, que apuran as suas opcións para meterse ainda no grupo de cabeza.

Con esta derrota, as ourensáns, descólganse das 5 primeiras prazas pero mantendo ainda as opcións intactas para acadar a súa clasificación na rolda Ibérica.

Restan aínda 9 xornadas, sendo os partidos na casa e o average vitais para subir postos no Auriense feminino.

Noticias relacionadas