Es noticia Futbol gaélico 

A Federación Galega de Fútbol rexirá o Fútbol Gaélico en Galicia


O Fútbol Gaélico en Galicia xa é un deporte federado trala súa incorporación a Federación Galega de Fútbol.

A Federación Galega de Fútbol integra á Asociación Galega de Fútbol Gaélico

O pasado venres completouse a integración da Asociación Galega de Fútbol Gaélico dentro do seo da Federación Galega de Fútbol. Ás 22:30, nas oficinas de San Lázaro en Compostela, os representantes institucionais de ambos entes, Rafael Louzán Abal pola FGF e Iván Villalón Costa pola AGFG, procederon á sinatura do acordo sobre o que se baseará o futuro do fútbol gaélico galego.

Este acordo chega tras un proceso de negociación ao longo desta tempada, onde o entendemento e predisposición de ambas entidades sempre foi positiva. Espérase que este acordo permita un crecemento sólido e sostido do fútbol gaélico galego.

A Asociación Galega de Fútbol Gaélico conta con 13 clubes inscritos e máis de 400 xogadores, a primeira en organizar unha liga regular fóra do país orixe do deporte, Irlanda. Conta tamén cunha selección galega recoñecida pola Asociación Atlética Gaélica (GAA), máximo organismo internacional, e que acadou o podio nos últimos dous mundiais.

Rafael Louzán, Presidente da FGF,  puxo a federación a disposición do novo Comité de Fútbol Gaélico que se forma dentro da propia estrutura federativa, e ofreceu a súa colaboración para resolver calquer problema que xurda a partir de agora.

O Comité de Fútbol Gaélico estará formado polas seguintes persoas:

  • Presidencia: Iván Villalón Costa
  • Secretaría: Yolanda Castro Cebreiro
  • Tesouraría: Estevo Sánchez Gálvez
  • Administración: Carmen Fernández Traseira
  • Competición: Ángel Negrete Tuñas
  • Apelación: Ignacio Daniel Martínez Martínez
  • Arbitraxe: Anxo López Vale
  • Adestradores: Alberto Méndez Suárez
  • Selección galega: Marcos Gañete Picáns
  • Fútbol masculino: Martin Fernández García
  • Fútbol Feminino: Alba Rodriguez Fernandez
  • Canteira e deporte universitario: María Victoria Benavides Rodríguez

Na cidade de Ourense, contamos co Auriense FG, con ambos equipos na primeira división do Fútbol Gaélico Galego

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: