Es noticia Futbol gaélico 

Empate e derrota para os equipos do Auriense no arranque da Liga

Liga Galega de Fútbol Gaélico

O domingo pasado, disputouse a primeira xornada para os dous equipos de fútbol gaélico do Auriense, ambos contra Herdeiros de Dhais de Lalín.

O cadro feminino completou un espectacular partido contra Herdeiras. Un encontro con diversas alternativas no marcador, puido decantarse para calquera das escuadras, pero finalmente, rematou cun empate xusto, que sirve ao Auriense para puntuar nunha das visitas máis complicadas desta nova tempada.
5-11 (26) vs 6 -08 (26).

Por contra, debut amargo para os rapaces, que non puideron contrarrestar o enorme acerto a paus dos Herdeiros, así como o imponente físico en segunda e terceira liña. Ao final, un contundente 3-17 (26) vs 6-23 (41). Merecida victoria para o equipo visitante. A semana que vén, o equipo ourensán recibe a Terras de Eume, de As Pontes de García Rodríguez. Un encontro asequible, no que pode chegar a primeira victoria para o Auriense.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

A %d blogueros les gusta esto: