Auriense Gaelico FemeninoEs noticia Futbol gaélico 

Dobre victoria do Auriense na Liga Galega de Fútbol Gaélico

Dobre victoria do Auriense na Liga Galega

Regresaba o futbol gaélico ó sintético da universidade, desta volta con gran ambiente nas gradas para ver o debut do equipo femenino do Auriense.

Con igualdade dende o primeiro minuto e intercambio de golpes, o equipo local estivo por diante practicamente todo o encontro , pero as rapazas de Gondomar nunca lle perderon a cara ao partido, tendo sempre a opción da remontada. Cun final de infarto, o resultado cae do lado local por un 6-11 (29) vs 5-09 (24) .

Auriense Gaelico Femenino

Posteriormente era a quenda dos rapaces. Nun partido igualado os primeiros 5 minutos, o Auriense mostrouse contundente e sentenciou o partido antes de chegar ao descanso, cunha vantaxe de 20 tantos. A intensidade do partido foi decrecendo no segundo tempo ata chegar ó final cun resultado para os locais de 8-19 (43) vs 0-09 (09).

A vindeira semana, choques importantes para o Auriense, que despraza a ambos equipos ata A Coruña, para xogar contra Fillos e Fillas de Breogán. Dous partidos que altura entre equipos da parte alta da clasificación.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.