Auriense FG FemeninoDestacado Es noticia Futbol gaélico 

Dobre triunfo para Auriense FG fronte Oleiros no campus universitario

Pleno de victorias para os equipos feminino e masculino do Auriense

Durante a tarde do domingo, no campo da Universidade xogouse unha nova xornada da Liga Galega de Gaélico coa visita de Ártabr@s de Oleiros.

Masculino: Auriense FG 10-12 (42) – Ártabros de Oleiros 1-6 (9)

A xornada comenzou co choque da liga masculina. Neste primeiro encontro os rapaces do Auriense FG, colleitaban unha gran victoria, contra un equipo que chegou con numerosas baixas e que aguantou o tirón físico ata o descanso. De novo, gran acerto cara portería dos ourensáns.

Feminino: Auriense FG 2-13 (19) – Ártabras de Oleiros 2-02 (8)

De seguido tocáballe o turno á liga femenina. Neste encontro o resultado non reflexa a igualdade que houbo durante todo o encontro e que soamente se rompeu na súa fase final.

Gan xornada, acompañada por unha grada con bastante público, para un deporte que cada vez xenera máis expectación.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

A %d blogueros les gusta esto: