Auriense FG femeninoDestacado Es noticia Futbol gaélico 

Dobre desprazamento para o Auriense Campus da Auga FG

Dobre desprazamento para o Auriense Campus da Auga FG

Dobre xornada, e dobre desprazamento para os equipos masculino e feminino do único representante ourensán na Liga galega de fútbol gaélico.

O sábado, ás 20:00 no Anxo Cortizo de Lalín, o equipo feminino visita a un equipo en racha, e favorito para o título de liga: As Herdeiras de Dhais. Aínda que distanciadas na clasificación, o equipo viaxa con optimismo e con posibilidades de victoria, que se leva resistindo no derradeiros encontros sempre nos minutos finais.

O domingo, é quenda para os rapaces, que visitan ao Pontevedra FG no Campo da Xunqueira, a partir das 18 horas. Un choque «a priori» asequible, que o conxunto ourensán debe gañar para poder conseguir un hito para o club, meterse no grupo que optará ao título de Liga.

Unha fin de semana apaixoante para os representantes ourensáns.

Noticias relacionadas