Auriense FG Fútbol GaélicoDestacado Es noticia Futbol gaélico 

Dobre derrota para os equipos de Auriense F.G. con despedida do equipo masculino

Derrotas por partida dobre e despedida do equipo masculino

Remata a liga para o equipo masculino do Auriense FG, e faino cunha derrota ante un dos candidatos ao título de Liga, o Estrela Vermella de Santiago de Compostela.

Nunha primeira parte igualada, na que se chegou con tan só 8 tantos abaixo por parte dos ourensáns, no segundo tempo a calidade e contragolpes visitantes acabaron coa ilusión local de despedir a Liga cunha victoria: 17-33
Agora, tras o excelente 5º posto de este ano, resta unha Copa Galega que este ano deixa o formato de torneo de xornada única, e regresa a unha competición de ida e volta entre todos os equipos. Os cruces, coñeceranse despois do parón de semana santa.

 Auriense FG Fútbol Gaélico

En canto ao equipo feminino, nun final de infarto, as visitantes do Estrela Vermella leváronse o partido por tan só 3 tantos: 22-25. Un choque intenso, con alternativas no marcador, no que as locais sufriron no aspecto físico, con tan só un relevo no banquillo, que non lles permitiu manter o pulso físico en varias partes do encontro.

A liga continúa para as rapazas do Auriense, con dous partidos pendentes (ártabras e Pontevedra), e nunha liña de xogo ascendente que asegura a posibiliade de victorias en ambos encontros.

Auriense FG Fútbol Gaélico

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario