Ariense FG Breogan 2018Destacado Es noticia Futbol gaélico 

Dobre derrota de Auriense FG na visita de Fill@s de Breogan

Derrota con sabor agridulce dos equipos ourensáns contra os equipos de Fill@s de Breogán de A Coruña.

Auriense 2-7(13) – Fillos 4-20(32)

No partido que abría a tarde, o equipo masculino caía xustamente contra un equipo que comezou o partido cun ritmo alto e anotando en practicamente todos os seus ataques, polo que pouco puideron facer os locais. Ao final: Auriense 2-7(13) – Fillos 4-20(32)

Auriense 5-7(22)-Fillas 4-14(26)

O feminino, que xogaba contra o mellor equipo da categoría, a piques estivo de dar a gran sorpresa da xornada, e quedou nun partido moi igualado, a catro tantos das suas rivais de Fillas: Auriense 5-7(22)-Fillas 4-14(26) . Un partido no que o equipo local demostra qu pode competir contra calquera dos equipos da parte alta da táboa.

Ariense FG Breogan 2018

A vindeira semana visitan Ourense o Estrela Vermella de Santiago de Compostela, na que será a derradeira xornada da Liga 2017-2018.

Noticias relacionadas