Doble derrota para Auriense FG en la liga gallega de fútbol gaélico
O Auriense volve con dúas derrotas, pero boas sensacións
Difícil tarefa a que tiñan dos dous equipos do Auriense Campus da Auga, na súa visita o sábado á Estrada, para batirse con Irmandinhas e Irmandinhos respectivamente.
No primeiro partido da tarde, o equipo femenino, con numerosas baixas, estivo a piques de levarse o encontro, sucumbendo ao final por tan só 3 tantos. Un partido igualadísimo, onde as xogadoras ourensás competiron a un nivel excepcional, pero no que non tiveron sorte nos derradeiros minutos: Irmandinhas 3-14 (26) – Auriense 3- 11 (23) .
Aínda que derrota tamén para o masculino, as sensacións no xogo foron ben distintas. O equipo do Auriense mantívose no encontro particamente durante 50 minutos, pero a maior presenza física do líder acabou por desequilibrar o choque: Irmandinhos 3-21 (30) – Auriense 3- 07 (16)
Grandes encontros os disputados tanto o femenino como o masculino, que suben as expectativas ante os partidos vitais que xogarán a fin de semana que vén no Campus Universitario, ante o Keltoi de Vig