Es noticia Futbol gaélico 

Destacada presencia de Auriense F.G. na Copa Galega de Fútbol Gaélico

Copa Galega de Fútbol Gaélico – A Estrada 2017

Excelente participación a dos equipos do Auriense na Copa Galega de Fútbol Gaélico en A Estrada, este pasado sábado día 6 de Maio.
O cadro feminino, acadou unha cuarta praza nun excelente torneo, onde soamente se viu superada por Fillas de Breogán nas semifinais e, polo Ponteverda FG na loita polo 3º e 4º posto. Un meritorio posto que mellora o 5º logrado o ano pasado en Xinzo.

Respecto aos rapaces, inmellorable 5º posto, repetindo a praza do ano pasado, e soamente superado por 4 dos equipos punteiros da primeira división de fútbol gaélico.

Con este resultado, afrontan unha semana decisiva, recibindo o domingo ás 16 horas na Universidade ao Dorna da Illa de Arousa, partido que é crucial para determinar o factor campo no cruce para o ascenso, eliminatoria na que o equipo ourensán xa está clasificado.
Quen consiga a victoria, xogará como local na eliminatoria a un só partido, o fin de semana do 27-28 de maio.
Polo tanto, un partido igualado e con moita expectación.

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: