Destacado Es noticia Futbol gaélico 

Derrota en semifinais da Copa Galega para o Auriense FG

Decepción na expedición Ourensá na Fase Final da Copa Galega.

Copa Galega de Fútbol Gaélico

O Auriense femenino, caía eliminado en semifinais contra o equipo local das Herdeiras de Dhais, por un axustadísimo 24-20.

O partido, igualado en todo momento, pechouse no descanso coa victoria visitante por un tanto, pero finalmente decantouse do lado lalinense debido ao acerto a paus no segundo tempo.

Unha derrota dolorosa, pero que desde o Club quítanlle ferro debido á excelente tempada das xogadoras do Auriense, medrando deportivamente e socialmente, dentro dun deporte descoñecido ata fai pouco na nosa provincia.

O día 26, ambos conxuntos, masculino e feminino, viaxan ata a Coruña no Campionato que pecha a tempada. Disputarase no Campo de A Torre.

Noticias relacionadas