Cuarto posto final para Auriense FG na liga feminina de fútbol gaélico
Rematou a Liga para o equipo feminino, cunha derrota na tarde do domingo en A Coruña, nas instalacións da Torre de Hércules.
Ártabras 4-13(25) – Auriense 4-03(15)
Despois dun excelente comezo, o segundo tempo fíxose costa arriba para as xogadoras ourensás, que sen posibilidade de cambios, pagaron o desgaste físico.
Brillante tempada do equipo feminino do Auriense, no que a mellora do xogo e no físico foi sobresaínte, e no que cumpriron cos obxectivos deportivos ao quedar nun meritorio 4° posto.
Agora, a Copa, onde o equipo agarda competir e chegar á final, cuns cruces a priori asequibles en cuartos e semifinais.