Destacado Es noticia Futbol gaélico 

Boas prestacións dos equipos do Auriense F.G. no Torneo de Fútbol Gaélico praia de A Lanzada

 

Torneo de Fútbol Gaélico praia, en A Lanzada

Bos resultados para os equipos do Auriense FG que participaron na xornada do sábado na coñecida praia de A Lanzada na IV Copa Galega de Fútbol Praia, a primeira das competicións da Tempada 2017-18.

Os rapaces chegaron ata semifinais onde caeron derrotados por un combinado de Irmandinhos de A Estrada, actuais campións de Liga e Copa nun torneo impecable, cunha soa derrota na primeira fase.

As rapazas caeron no seu cruce de cuartos de final, ainda que realizando unha Copa moi interesante e obtendo o seu pase a través dunha repesca moi igualada.

Con este Torneo, comeza a pretemporada, coa presentación dos equipos ao longo desta semana no Campus Universitario, para unha primeira división que comeza a principios de setembro.

 

Noticias relacionadas