Auriense FC femenino 2018Es noticia Futbol gaélico 

Auriense visita a Keltoi na liga galega feminina de fútbol gaélico

Regresa o fútbol gaélico, e neste caso cun desprazamento asequible para o conxunto feminino do Auriense, que o sábado ás 11 horas no Campo ETEA de Vigo, disputa contra o Keltoi feminino, derradeiras clasificadas da liga galega.

Un partido no que o conxunto ourensá acude co equipo xusto, debido ás baixas que nas últimas xornadas sofren as xogadoras auriensanas.

Respecto ao equipo masculino, trala 5ª posición do Torneo Internacional disputado na pasada semana en A Estrada, toca descansar e preparar o vindeiro partido en Lalín o sábado que vén, contra Herdeiros de Dhais, onde está en xogo a 4ª praza e posiblemente, o pase directo ao Torneo Ibérico.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario