Es noticia Futbol gaélico 

Auriense FG na Copa Galega de Fútbol Gaélico

Esta fin de semana,dispútase no Concello de A Estrada a Copa Galega de Fútbol Gaélico, coa presencia do Auriense FG, masculino e feminino.

Os rapaces, quedaron encadrados no grupo B, onde competirán contra Fillos de Breogán de A Coruña, e Cambados FG, coa expectativa de cando menos, repetir o 5º posto do ano pasado en Xinzo de Limia.

En canto ao equipo feminino, no Grupo A, verase as caras contra Irmandinhas de A Estrada, Estrela Vermella de Santioago de Compostela e Ártabras de A Coruña

Un grupo asequible para acceder ás semifinais.

A xornada comeza ás 09:30 do sábado, sendo as finais programadas para media tarde. Un torneo que contará coa presencia de case 300 deportistas de toda Galicia.

A maioría de encontros serán dirixidos polo árbitro irlandès, Brendan Holohan, con amplia experiencia internacional (pitando as finais do Ibèrico vai dous anos en Valencia) e árbitro en liga irlandesa.

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: