Es noticia Futbol gaélico 

Auriense FG desputará a Copa Shield na Coruña

Copa Shield de Fútbol Gaélico

Este vindeiro sábado 3 de xuño, os equipos do Auriense, tanto masculino coma femenino, desprázanse ata a cidade de A Coruña, para disputar a Copa Shield convidados pola organización, neste caso de Fill@s de Breogán.

O Torneo disputarase paralelamente ás finais do Campionato Ibérico, que reúne aos mellores equipos da Península. No cadro feminino Fillas de Breogán tratarán de revalidar título e, no cadro masculino, Irmandinhos, Estrela Vermella e Fillos parten tamén coma favoritos, contra equipos chegados dende Madrid, Andalucía ou Zaragoza.

As finais, novamente, serán retransmitidas en directo pola TVG na tarde do sábado.

Outro paso histórico na confirmación deste deporte en Galicia e con traxectoria xa a nivel mundial.

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: