Auriense Futbol Gaelico Equipo FemeninoDestacado Es noticia Futbol gaélico 

Auriense F. G. sen sorte na visita o Estrela Vermella de Santiago

Regresaba o Auriense F.G. á competición logo dunha semana de parón polo Torneo Internacional de Maastricht.

O desprazamento a Santiago de Compostela non semellaba nada doado xa de primeiras, no caso da equipa feminina era un rival directo polos primeiros postos da táboa e no caso do maculino un dos rivais a batir nesta Liga Galega, que comezara moi ben a tempada con victorias ante rivais directos polo título.

Masculino: Estrela Vermella – Auriense FG 7-17 (31) – 0-07 (7)

Nunha bonita tarde de outono comezaba o partido masculino as 18:15 cun conxunto de Estrela Vermella dominador do encontro e aproveitando as indecisións do noso conxunto.

Pouco a pouco o xogo equilibrouse, pero a vantaxe sempre foi moi clara a favor dos locais, o final da primeira metade o marcador deixaba o encontro case sentenciado.

Na segunda metade a equipa deixou mellor imaxe, con combinacións dende o propio campo e chegando con mais claridade a área rival, pero a defensa e o porteiro dos locais demostrarón un gran nivel para desbaratar tódolos intentos por facer menor a diferencia no tanteo, marcador final de 7-17 (31) – 0-07 (7) para Estrela Vermella.

Feminino: Estrela Vermella – Auriense FG 2-21 (27) – 5-10 (25)

Posteriormente era o turno da equipa feminina, que comezaba o partido con intensidade e co obxectivo de seguir prolongando a boa xeira que amosou en anteriores semanas.

A primeira metade foi de inicio parella, mais o acerto por porta das xogadoras locais situou o marcador cunha vantaxe de 7 tantos respecto as nosas rapazas.

A segunda metade trocou bastante o guión, pois as nosas dominaron o xogo en tódalas súas facetas, fortes en defensa e con acerto por porta e paos, e conseguiron repoñerse do marcador adverso, mais a reacción non foi suficiente e un gol de Estrela Vermella situaron a vantaxe final de 2 puntos por riba para a equipa de Compostela cun 2-21 (27) – 5-10 (25).

Derrota que, sen embargo deixa moi boas sensacións a nivel de xogo en equipo entre as rapazas é con moitas ganas de seguir traballando de cara ós próximos encontros.

A vindeira semana será o turno para os nosos rapaces de volver a senda da victoria na Illa de Arousa fronte a Dorna FG, nun partido que terá lugar o sábado e no que a nosa equipa viaxará co recordo da victoria “in extremis” da pasada tempada nese mesmo campo.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

A %d blogueros les gusta esto: