Auriense F G no Torneo de Fútbol Gaélico praia de A Lanzada

Torneo de Fútbol Gaélico praia, en A Lanzada

O Auriense F G comeza a súa posta a punto, coa participación no Torneo de Fútbol Gaélico praia, en A Lanzada, este sábado a partir das 10:30 horas. Con participación tanto na categoría masculina coma feminina, trátase dun evento distinto, en formato 5 contra cinco, e que disputarán combinados de xogadoras/es de todos os clubs galegos.

Pola parte ourensá, xogarán no equipo masculino: Roi, Miguel, Adrián, Lois, Juan, Álvaro e Millán. O equipo feminino estará composto por Sabrina, Miriam, Mariví, María, Ana e Lucía.

Os equipos ourensanos, acuden a esta cita antes da presentación oficial da pretemporada, que terá lugar a vindeira semana, no Campus Universitario.

 

Relacionado con: :

 

Sobre el autor

Mas entradas por

 

 

 

Comentar

required

required

optional