Destacado Es noticia Futbol gaélico 

Auriense Campus da Auga rematou con vitoria a liga de fútbol gaélico

Este domingo desputouse en Gondomar o derradeiro partido da campaña 2018/2019 para o Auriense Campus da Auga F.G. Nesta ocasión o equipo femenino do Auriense mediase as debutantes de Turonia G.F.G.

Un partido no que a maior experiencia competitiva das ourensás foi clave para levar a vitoria e no que houbo fermosas xogadas e combinacións por parte dos dous equipos, o resultado final foi Turonia 01-11 (14), 03-14 (24) Auriense.

Remata así a campaña 2018/2019 na que os dous equipos locais amosaron un crecemento continuo, acadando o equipo masculino o 4º posto da clasificación e o feminino a 5ª posición. Resta agora a Copa, que dará comezo no mes de maio.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.