Jacobo Alba Gaelico Seleccion GallegaDestacado Es noticia Futbol gaélico 

Alba Araujo e Jacobo Dorribo xa adestran coa Selección cara o Mundial de Fútbol Gaélico

As Seleccións Galegas participan do 28 de xullo ao 2 de agosto nos GAA World Games, que reúnen en Irlanda 85 combinados e máis de 1.200 xogadoras e xogadores de todas as partes do mundo.

Dous xogadores ourensáns formarán parte dos equipos que repesentarán a Galicia neste muldial. Trátase Alba Araujo e Jacobo Dorribo, representantes do Auriense F.G. e habituais de outras convocatorias do combinado galego.

Jacobo Alba Gaelico Seleccion Gallega

Entre os rivais da selección masculina están Bretaña, Canadá ou Arxentina. A feminina enfrontarse a rivais como Rusia e Francia, entre outras.

Conta a lenda que Ith, fillo de Breogan, divisou a illa de Irlanda desde as proximidades da Torre de Hercules, dando así inicio á conquista celta de Irlanda. En 2019 un grupo de galegos e galegas volven facer a mesma viaxe, para conquistar de novo Irlanda no Mundial de Fútbol Gaélico que terá lugar en Waterford e Dublin entre o 28 de xullo e o 1 de agosto. O Gaélico Galego está listo para facer historia de novo.

galicia futbol gaelico mulleres

O fútbol gáelico está a vivir un momento doce na nosa comunidade. Este deporte vai facéndose pouco a pouco un oco de popularidade e boa parte dese recoñecemento vén dado grazas aos éxitos acadados polas nosas seleccións. O equipo feminino é campión de Europa despois da conquista en Lorient (Francia) e o masculino proclamouse subcampión.

Un reto é maiúsculo

Galiza estará representada, por terceira vez, nun Mundial de fútbol gaélico. A fase preparatoria comezou hai varios meses con distintas concentracións en Santiago e na Estrada e no adestramento desta semana estivo presente o Coaching Manager da provincia irlandesa do Ulster, Roger Keenan, que aproveitou a súa estancia para coñecer a implantación deste deporte en Galicia.

En 2015 a Gaelic Athletic Association (GAA) creou os xogos mundiais, que nesta terceira edición reúnen 85 equipos e máis de 1.200 xogadores e xogadoras de todas as partes do mundo. O evento acollerá unha fase “Irish” na que só xogan irlandeses que viven fóra de Irlanda e outra “Native” na que compite Galicia e outras seleccións formadas por deportistas non irlandeses.

galicia futbol gaelico homes

A selección galega masculina enfrontarase a outros 24 equipos onde destacan algúns tan fortes como Nova York, San Francisco, Francia, Canadá, Australia, Bretaña ou Arxentina. No feminino competirán 17 seleccións, destacando tamén as estadounidenses, Canadá, Rusia ou Francia, entre outras. 

O torneo estruturarase nunha primeira parte de liguiña onde os primeiros clasificados accederán logo á loita polo título mentres os demais pasarán a competir nas fases “Plate” e “Shield”. Nos próximos días sortearanse os grupos.

Nova: Futgal.es

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.