Destacado Es noticia Futbol gaélico 

Afiadoras imponse na Copa Galaecia de fútbol gaélico

Copa Galaecia de fútbol gaélico 2018

A equipa ourensá “Afiadoras” conseguiu esta pasada fin de semana a Copa Gallaecia, no Torneo disputado na vila de Xinzo.

Nunha xornada na que participaron ao redor de 200 xogadoras e xogadoras, na modalidade de fútbol gaélico mixto, e como remate da tempada nunha competición que cada ano ten máis equipos inscritos, as xogadoras/es ourensás conseguiron vencer na Final ao Condado, cun axustado 8-6. Disputada no Anexo do Campo de A Moreira, o derradeiro encontro estivo moi igualado e decidiuse cun tanto das ourensás nos derradeiros intres do encontro.

Este triunfo, é a culminación dunha tempada exitosa neste deporte en todas as súas modalidades. Como retos, o aumento de xogadoras e xogadores e a creación da primeira escola deportiva de futbol gaélico da provincia de Ourense, seguindo os pases de ciades coma Vigo e Santiago, que xa están a traballar en categorías base

Noticias relacionadas